BROADCAST SERIES
Os equipos transmisores, gap fillers e reemisores rexenerativos da Gama BROADCAST cobren os escenarios de baixa potencia ata os 150W. Os equipos desta gama son totalmente compatibles coas normas DVB-T/T2/H e ISDB-T/Tb e permiten a configuración de sistemas en redundancia (N +1 e 1 + 1)


A Gama Broadcast baséase nun concepto modular no que un equipo transmisor está formado por un módulo modulador DVB-T/T2/H ou ISDB-T/Tb e un módulo amplificador de potencia, un equipo gap filler consta dun módulo procesador de sinal ou excitador máis un módulo amplificador, aloxados en ambas tipoloxías nun bastidor de 10” x 5UR podendo albergar ata tres equipos transmisores de 5W e ata un máximo de dous transmisores de 10W, 20W, 50W ou 150W.
Characteristics
Transmisores e gap fillers de ata 150W.
Compatible con redes SFN e MFN.
Solucións compatibles con DVB-T/T2/H e ISDB-T/Tb.
Sistema de sincronización para SFN (GPS).
Redundancia N + 1 e 1 + 1.
Sistema de control e monitorado remoto.
Axilidade en frecuencia.
Baixo consumo.
Osciladores de moi baixo ruído de fase. Tecnoloxía DDS.
Amplificadores LDMOS.
Modo de funcionamento independente.
Compatibilidade electromagnética e seguridade segundo as normas de regulación da CE.


Advanced Features
Cancelador de ecos DAE
Indicado para ser utilizado en condicións de eco moderadas, soportando un nivel de marxe de ganacia de 15dB e levando a cabo a ecualización do espectro.
Ademais de cancelar o eco producido polo acoplamento entre as antenas transmisora e receptora, é capaz de cancelar calquera eco do sinal de entrada que teña un retraso coa face principal de entre 0 e 8μs, permitindo corrixir as distorsións na amplitude do sinal de entrada do gap-filler cando os ecos son producidos pola propagación multitraxecto.
O dispositivo DAE ecualiza o espectro en toda a ventá de cancelación.


Cancelador de ecos DEEC
Pensado para suprimir o efecto Doppler e cancelar un maior nivel de ecos (marxe de ganancia maior), proporicionando unha óptima MER de saída.
As posibilidades de cancelación baséanse en tres ventás temporais de aproximadamente 6 μs de ancho cada unha. En modo continuo, as ventás cobren completamente un rango de entre 0,5 μs a 37 μs.
Capaz de cancelar un eco 20dB maior que o sinal principal, dando un MER de saída > 27 dB.
Para a cancelación dun eco 24dB maior que o sinal principal proporciona un MER de saída > 24dB.


Advantages & Benefits

