BROADCAST SERIES

BROADCAST SERIES

Os equipos transmisores, gap fillers e reemisores rexenerativos da Gama BROADCAST cobren os escenarios de baixa potencia ata os 150W. Os equipos desta gama son totalmente compatibles coas normas DVB-T/T2/H e ISDB-T/Tb e permiten a configuración de sistemas en redundancia (N +1 e 1 + 1)

Equipo transmisor 2 multiplex 100W
Gap-filler 3 multiplex 5W

A Gama Broadcast baséase nun concepto modular no que un equipo transmisor está formado por un módulo modulador DVB-T/T2/H ou ISDB-T/Tb e un módulo amplificador de potencia, un equipo gap filler consta dun módulo procesador de sinal ou excitador máis un módulo amplificador, aloxados en ambas tipoloxías nun bastidor de 10” x 5UR podendo albergar ata tres equipos transmisores de 5W e ata un máximo de dous transmisores de 10W, 20W, 50W ou 150W.

01

Características

Transmisores e gap fillers de ata 150W.

Compatible con redes SFN e MFN.

Solucións compatibles con DVB-T/T2/H e ISDB-T/Tb.

Sistema de sincronización para SFN (GPS).

Redundancia N + 1 e 1 + 1.

Sistema de control e monitorado remoto.

Axilidade en frecuencia.

Baixo consumo.

Osciladores de moi baixo ruído de fase. Tecnoloxía DDS.

Amplificadores LDMOS.

Modo de funcionamento independente.

Compatibilidade electromagnética e seguridade segundo as normas de regulación da CE.

Equipo transmisor 2 multiplex 10W
Gap Filler 2 multiplex 50W
02

Propiedades avanzadas

Dúas opcións de cancelación de ecos de moi alto rendemento: DAE e DEEC.
Posibilidade de redundancia GPS.
Redundancia 1+1 e N+1 a través dun módulo de 1UR adicional.

Cancelador de ecos DAE

Indicado para ser utilizado en condicións de eco moderadas, soportando un nivel de marxe de ganacia de 15dB e levando a cabo a ecualización do espectro.

Ademais de cancelar o eco producido polo acoplamento entre as antenas transmisora e receptora, é capaz de cancelar calquera eco do sinal de entrada que teña un retraso coa face principal de entre 0 e 8μs, permitindo corrixir as distorsións na amplitude do sinal de entrada do gap-filler cando os ecos son producidos pola propagación multitraxecto.

O dispositivo DAE ecualiza o espectro en toda a ventá de cancelación.


Sinal de entrada
Sinal de saída

Cancelador de ecos DEEC

Pensado para suprimir o efecto Doppler e cancelar un maior nivel de ecos (marxe de ganancia maior), proporicionando unha óptima MER de saída.

As posibilidades de cancelación baséanse en tres ventás temporais de aproximadamente 6 μs de ancho cada unha. En modo continuo, as ventás cobren completamente un rango de entre 0,5 μs a 37 μs.

Capaz de cancelar un eco 20dB maior que o sinal principal, dando un MER de saída > 27 dB.

Para a cancelación dun eco 24dB maior que o sinal principal proporciona un MER de saída > 24dB.

Sinal de entrada do gap-filler
Sinal de saída do gap-filler
03

Vantaxes e beneficios

Pensado para escenarios multicanal que implica un menor custe a maior número de canales transmitidos.
Concepto modular.
Flexibilidade de configuración.
Conectividade frontal para facilitar as funcións de operación e mantemento.
Xestión remota.
Redución da necesidade de repostos.
Potencias indicadas medidas depois do filtro.
Xestión remota
Módulos de Xestión, GSM/GPRS, Alarmas, Receptor DVB-T e GPS