COMPACT SERIES
A gama Compact de transmisores e gap fillers TRedess desenvolveuse para a optimización das áreas de cobertura dunha forma económica e rentable. A gama Compact é unha solución cun alto nivel de compactidade capaz de albergar ata 7 transmisores, gap fillers ou reemisores rexenerativos aloxados nun bastidor formato rack 19” e 5UR de altura, entregando unha potencia de ata 10W.


Características
Alto nivel de compactidade con capacidade para albergar ata 7 canais nun bastidos de 5UR.
Transmisores, gap fillers e reemisores rexenerativos de ata 10W de potencia.
Compatible con redes SNF y MFN.
Sincronización GPS en redes SFN.
Sistema de control e monitorización remota.
Extracción de módulos en quente.
Axilidade de frecuencia.
Baixo consumo.
Osciladores de moi baixo ruído de fase.
Amplificadores LDMOS.
Operación en modo independente.
Compatibilidade electromagnética e de seguridade de acordo coas normativas CE.


Propiedades avanzadas
Cancelador de ecos DAE
Indicado para ser utilizado en condicións de eco moderadas, soportando un nivel de marxe de ganacia de 15dB e levando a cabo a ecualización do espectro.
Ademais de cancelar o eco producido polo acoplamento entre as antenas transmisora e receptora, é capaz de cancelar calquera eco do sinal de entrada que teña un retraso coa face principal de entre 0 e 8 μs, permitindo corrixir as distorsión na amplitude do sinal de entrada do gap-filler cando os ecos son producidos pola propagación multitraxecto.
O dispositivo DAE ecualiza o espectro en toda a ventá de cancelación.


Cancelador de ecos DEEC
Pensado para suprimir o efecto Doppler e cancelar un maior nivel de ecos (marxe de ganancia maior), proporcionando unha óptima MER de saída.
As posibilidades de cancelación baséanse en tres ventás temporais de aproximadamente 6 μs de ancho cada unha. En modo continuo, as tres ventás cobren completamente un rango de entre 0,5 μs a 18,5 μs. Cada unha delas pode configurarse e posicionarse de forma independente nun rango de 0,5 μs a 37 μs.
Capaz de cancelar un eco de 20dB maior que o sinal principal, dando un MER de saída > 27dB.
Para a cancelación dun eco 24dB maior que o sinal principal proporciona un MER de saída > 24dB.


Vantaxes e beneficios

