SOBRE TREDESS

Body: 

TRedess é unha empresa líder en solucións de telecomunicacións a profesionais. Grazas a unha inversión sólida e constante no I+D, somos capaces de desenvolver solucións competitivas, innovadoras e fiables para dar resposta á evolución do mercado da tecnoloxía.

Estamos altamente espacializados no deseño, desenvolvemento e fabricación de solucións para a implantación de redes Televisión Digital Terrestre: Transmisores, Gap-fillers e Retransmisores (rexenerativos) para redes DVB-T/T2, ISDB-T e ATSC 1.0/3.0, equipos de Media e Baixa potencia con refrixeración por aire, con potencias de saída de ata 3000W..

Imagen principal: 

01

Título bloque 1: 
Difusión de TV

Texto bloque 1: 

Os nosos principais produtos son Transmisores, Gap-fillers e Reemisores Rexenerativos de baixa potencia para redes dixitais de televisión terrestre (DVB-T/T2/H), para facer que o sinal de TV dixital estea dispoñible alí donde a infraestructura primaria da rede non pode chegar.

O noso obxectivo é ofrecer unha solución completa e integral aos nosos clientes (sistemas Plug & Play), combinando os nosos Transmisores e Gap-fillers de alta calidade, o noso sistema de control e monitorización e os accesorios necesarios para unha solución completa. Os nosos equipos e sistemas cobren os seguintes escenarios e aplicacións de campo:

Transicións Analóxico-Dixital.

Amplicacións da cobertura de redes de DVB-T/T2/H.

Recheo de zonas de sombras.

Desplegue de redes locais e rexionais.

Imagen B1-1: 

02

Título bloque 2: 
Os nosos clientes

Texto bloque 2: 

Os nosos principais clientes son empresas operadoras de rede de difusión de televisión, gobernos rexionais e locais, empresas de enxeñería e instaladores de telecomunicacións.

Importantes operadoras de rede de Televisión Dixital en diferentes países confiaron en nós para axudarlles a acadar cobertura total na súa infraestructura de rede.

TRedess conta a día de hoxe con máis de 4.500 emprazamentos multicanal instalados en todo o mundo, noutras palabras, máis de 15.000 trasmisores e gap-fillers en campo. Os nosos sistemas de transmisión de televisión instaláronse en España, Francia, Hungría, Polonia, Italia, Portugal, Suecia, Malta, Faeroe, Georgia, Chile, Brasil, Vietnam, Hong-Kong, Tailandia, Marrocos, Mali…

Imagen B2-1: 


03

Título bloque 3: 
Equipo e organización

Texto bloque 3: 
O crecemento de TRedess baséase no noso equipo humano altamente cualificado, un grupo de profesionais entusiastas e dedicados, que traballan para dar unha resposta rápida ás necesidades do noso mercado. TRedess componse hoxe en día por un equipo de persoas con aproximadamente un 40% de enxeñeiros.

Subtítulo bloque 3A: 
I+D

Texto bloque 3A: 

Os nosos xoves e capaces enxeñeiros de I+D desenvolven produtos innovadores coa última tecnoloxía, anticipándose ós novos retos tecnolóxicos no sector das telecomunicacións.

Imagen B3A-1: 
Imagen B3A-2: 

Subtítulo bloque 3B: 
Fabricación

Texto bloque 3B: 

Formar parte da Corporación Televés pon a nosa disposición as instalacións de produción máis avazadas para a fabricación de equipos de alta calidade. Experiencia e alta cualificación nos métodos de produción son a base do noso equipo.

No departamento de probas, axústase e sométese cada módulo individual a un proceso de verificación de funcionamento.

O control sobre todo proceso de produción permítenos comprometernos a ofrecer sistemas de alta calidade, responder a prazos de entrega curtos e estar en disposición de resolver os problemas dos nosos clientes en calquera escenario.

Imagen B3B-1: 
Imagen B3B-2: 
04

Título bloque 4: 
Razóns para elixirnos

Texto bloque 4: 

Os nosos produtos combinan moi alta calidade e prezos competitivos.

Aforra tempo: ofrecemos sistemas plug&play.

Dinos o teu problema! Somos flexibles para adaptar as nosas solucións as túas necesidades. Ofrecemos unha resposta rápida, avaliación profesional e de apoio técnico aos clientes.

Comprometémonos a entregar cando o necesites: podemos respostar a prazos de entrega curtos.

Somos innovadores: os nosos xoves e cualificados enxeñeiros de I+D desenvolven as últimas tecnoloxías para responder ás necesidades do mercado.

As nosas cifras falan por si soas: nacida en 2003, a empresa conta con máis de 2.800 sitios en todo o mundo, ofrecendo as nosas solucións a importantes operadoras de rede de televisión.