Información Legal
Política de Protección de Datos Persoais da empresa TRedess, S.L.
En cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos, Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 (GDPR), Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPDCP, 15/99), Regulamento de Desenvolvemento da LOPDCP (Real Decreto, 1720/2007, de 21 de decembro), informámoslle da Política de Protección de Datos Persoais, no que se refire ó tratamento dos datos persoais, é a que se detalla a continuación.
Responsable do tratamento dos datos persoais
O responsable do tratamento é a persoa xurídica que determina os fins e medios do tratamento de datos persoais. Noutras palabras, o responsable decide como e con que finalidades se tratan os datos persoais.
Ós efectos da presente Política de Protección de Datos, o responsable do tratamento dos datos persoais é:
- Identidade: TRedess 2010, S.L. – NIF: B-15874183
- Enderezo: Rúa Volta do Castro, s/n. 15706 - Santiago de Compostela.
- Teléfono de contacto: 981534203
- Correo electrónico de contacto: tredess@tredess.com
Contacto co Delegado de Protección de Datos
Televés Corporación designou internamente a un Delegado de Protección de Datos. Os interesados poderanse pór en contacto con el a través do seguinte enderezo de correo electrónico:
- Delegado de Protección de Datos Televés: dpo@televescorporation.com
¿Que datos persoais tratamos e como os protexemos?
Un dato persoal é toda información sobre unha persoa física identificada ou identificable.
Para as finalidades establecidas nesta Política de Privacidade, o responsable recaba e trata os datos persoais que se explican en cada tipo de tratamento, e que dependerán dos diferentes servizos que solicite ou da relación contractual que manteña coa nosa entidade.
A nosa organización comprométese a tratar con total confidencialidade e a aplicar as medidas de seguridade axeitadas, de tipo físico, técnico e organizativo, para a protección dos seus datos persoais.
Vostede garante e responde, en calquera caso, da veracidade, exactitude, vixencia e autenticidade dos datos persoais proporcionados e comprométese a mantelos debidamente actualizados.
Tratamento de datos de “Clientes”
- ¿Que tipo de datos persoais tratamos?
- Datos identificativos: nome, DNI, enderezo, teléfono, enderezo de correo electrónico.
- Datos financeiros: conta bancaria, datos tarxeta crédito.
- Datos académicos e profesionais: profesión, cargo, experiencia, titulacións.
- Datos relativos a transaccións: produtos e servizos subministrados.
- ¿Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?
Tratamos os datos persoais que nos facilite para a xestión dos datos dos clientes da empresa, para manter a relación comercial, a xestión contable, administrativa e de facturación, así coma as obrigas fiscais.
Tamén se preveu a finalidade de publicidade e prospección comercial, para a cal se solicita o consentimento expreso do interesado.
Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación comercial. Se decide cancelar os seus datos persoais, estes poderán conservarse nas nosas bases de datos durante os prazos previstos pola lexislación para poder cumprir coas obrigas fiscais e contables, e serán eliminados unha vez prescriban ditos prazos legais ou aqueles que sexan de aplicación.
- ¿Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?
A base legal para o tratamento dos seus datos é a execución dun contrato, así coma o cumprimento dunha obriga legal do responsable.
A comunicación de ofertas e promocións que poderían ser do seu interese está baseada no consentimento expreso que se lle solicita.
- ¿A que destinatarios se comunicarán os seus datos?
Pódese realizar unha cesión de datos a outras empresas de Televés Corporación, sempre e cando fose necesario para cumprir coa relación contractual. Algunha destas empresas poderían estar en terceiros países. Ó final deste documento pódese consultar unha listaxe actualizada das empresas que integran Televés Corporación.
Tamén se realizarán as cesións que sexan necesarias a organismos públicos por obriga legal.
Non se van a realizar outras transferencias internacionais de datos.
Tratamento de datos de “Contactos e potenciais clientes”
- ¿Que tipo de datos persoais tratamos?
- Datos identificativos: nome, enderezo, teléfono, enderezo de correo electrónico.
- ¿Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?
Tratamos os datos persoais que nos facilite no formulario de contacto para a xestión de datos de contactos comerciais e de potenciais clientes.
Tamén se preveu a finalidade de publicidade e prospección comercial, para a cal se solicita o consentimento expreso do interesado.
Os datos persoais proporcionados consevaranse mentres se manteña a relación comercial. Se decide cancelar os seus datos persoais, estes serán eliminados da nosa base de datos de contactos.
- ¿Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?
A base legal para o tratamento dos seus datos é o consentimento expreso que se lle solicita.
- ¿A que destinatarios se comunicarán os seus datos?
Poderíanse ceder os seus datos a outras empresas de Televés Corporación, po lo que se solicita o consentimento expreso do interesado.
Non se prevé realizar transferencias internacionais de datos.
Tratamento de datos de “Provedores”
- ¿Que tipo de datos persoais tratamos?
- Datos identificativos: nome, DNI, enderezo, teléfono, enderezo de correo electrónico.
- Datos financeiros: conta bancaria.
- Datos académicos e profesionais: profesión, cargo, titulacións.
- Datos relativos a transaccións: produtos e servizos entregados.
- ¿Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?
Tratamos os datos persoais que nos facilite para a xestión dos datos dos provedores da empresa, para manter a relación comercial, a xestión contable, administrativa e de pagos, así coma as obrigas fiscais.
Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación comercial. Se decide cancelar os seus datos persoais, estes poderán conservarse nas nosas bases de datos durante os prazos previstos pola lexislación para poder cumprir coas obrigas fiscais e contables, e serán eliminados unha vez prescriban ditos prazos legais ou aqueles que sexan de aplicación.
- ¿Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?
A base legal para o tratamento dos seus datos é a execución dun contato, así coma o cumprimento dunha obriga legal do responsable.
- ¿A que destinatarios se comunicarán os seus datos?
Poderíanse ceder os seus datos a outras empresas de Televés Corporación, po lo que se solicita o consentimento expreso do interesado.
Tamén se poderían realizar as cesións que ofran necesarias a organismos públicos por obligación legal.
Non se prevé realizar transferencias internacionais de datos.
Tratamento de datos de “Candidatos de emprego”
- ¿Que tipo de datos persoais tratamos?
- Datos identificativos: nome, DNI, data de nacemento, teléfono, enderezo de correo electrónico, imaxe.
- Datos de características persoais: Sexo, estado civil, nacionalidade, idade, data e lugar de nacemento.
- Datos académicos e profesionais: profesión, cargo, experiencia, titulacións.
- ¿Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?
Tratamos os datos persoais que nos facilite para a xestión dos procesos de selección da empresa.
Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres o interesado non retire o consentimento para poder seguir gardando o seu curriculum vitae para futuros procesos de selección. Se decide cancelar os seus datos persoais, estes serán eliminados da nosa base de datos de candidatos de emprego.
- ¿Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?
A base legal para o tratamento dos seus datos é o consentimento expreso que se lle solicita.
- ¿A que destinatarios se comunicarán os seus datos?
Poderanse ceder os seus datos a outras empresas de Televés Corporación para participar en procesos de selección de persoal. Algunhas destas empresas poderán estar en terceiros países, polo que se solicita o consentimento expreso do interesado para poder realizar esta transferencia internacional de datos, de ser o caso.
Ó final deste documento pódese consultar unha listaxe actualizada das empresas que integran Televés Corporación.
Non se prevé realizar transferencias internacionais de datos.
Tratamento de datos de “Usuarios de produtos”
- ¿Que tipo de datos persoais tratamos?
- Datos identificativos: nome, DNI, enderezo, teléfono, enderezo de correo electrónico.
- Datos relativos a transaccións: produtos e servizos subministrados.
- ¿Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?
Tratamos os datos persoais que nos facilite para a xestión dos datos dos usuarios e propietarios dos produtos da empresa, a fin de poder prestarlles servizos post-venta e de asistencia técnica.
Tamén se preveu a finalidade de publicidade e prospección comercial, para a cal se solicita o consentimento expreso do interesado.
Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación comercial. Se decide cancelar os seus datos persoais, estes serán eliminados da nosa base de datos de contactos.
- ¿Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?
A base legal para o tratamento dos seus datos é a execución dun contrato.
A comunicación de ofertas e promocións que poderían ser do seu interese está baseada no consentimento expreso que se lle solicita.
- ¿A que destinatarios se comunicarán os seus datos?
Poderíanse ceder os seus datos a outras empresas de Televés Corporación, po lo que se solicita o consentimento expreso do interesado.
Non se prevé realizar transferencias internacionais de datos.
Tratamento de datos de “Asistentes a cursos”
- ¿Que tipo de datos persoais tratamos?
- Datos identificativos: nome, DNI, enderezo, teléfono, enderezo de correo electrónico.
- Datos académicos e profesionais: profesión, cargo, titulacións.
- ¿Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?
Tratamos os datos persoais que nos facilite para o rexistro de asistentes a cursos técnicos impartidos pola emrpesa sobre os seus produtos e as tecnoloxías utilizadas.
Tamén se preveu a finalidade de publicidade e propección comercial, para a cal se solicita o consentimento expreso do interesado.
Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres non solicite a cancelación dos datos. Se decide cancelar os seus datos persoais, estes serán eliminados da nosa base de datos de asistentes a cursos.
- ¿Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?
A base legal para o tratamento dos seus datos é o consentimento expreso que se lle solicita.
- ¿A que destinatarios se comunicarán os seus datos?
Poderíanse ceder os seus datos a outras empresas de Televés Corporación, po lo que se solicita o consentimento expreso do interesado.
Non se prevé realizar transferencias internacionais de datos.
Tratamento de datos de “Profesores”
- ¿Que tipo de datos persoais tratamos?
- Datos identificativos: nome, DNI, enderezo, teléfono, enderezo de correo electrónico.
- Datos financeiros: conta bancaria.
- Datos académicos e profesionais: profesión, cargo, titulacións.
- ¿Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?
Tratamos os datos persoais que nos facilite para a xestión de profesores dos cursos organizados pola empresa.
Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres non solicite a cancelación dos datos. Se decide cancelar os datos persoais, estes serán eliminados da nosa base de datos de asistentes a cursos.
- ¿Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?
A base legal para o tratamento dos seus datos é a execución dun contrato, así coma o cumprimento dunha obriga legal do responsable.
- ¿A que destinatarios se comunicarán os seus datos?
Realizaranse as cesións que sexan necesarias para cumprir coas obrigas legais a entidades como a Xunta de Galicia ou a Fundación Tripartita, así coma á Axencia Tributaria ou á Seguridade Social.
Tamén se realizan cesións de datos para fins lexítimos relacionados coa actividade da empresa: Será necesario comunicar os datos bancarios (NIF, nome e aplidos e número de conta) ás entidades financeiras encargadas de intervir na operativa do pago dos honorarios docentes.
Poderíanse ceder os seus datos a outras empresas de Televés Corporación, po lo que se solicita o consentimento expreso do interesado.
Non se prevé realizar transferencias internacionais de datos.
¿Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos?
De conformidade coa normativa aplicable en materia de protección de datos, vostede ten unha serie de dereitos en relación co tratamento dos seus datos persoais. O exercicio destes dereitos será gratuíto para vostede, excepto nos casos en que se formulen solicitudes manifestamente infundadas ou excesivas, especialmente por repetitivas.
Estes dereitos son os seguintes:
- Dereito de información: Vostede ten dereito a ser informado de maneira concisa, transparente, intelixible e de fácil acceso, cunha linguaxe clara e sencilla, sobre a utilización e tratamento dos seus datos persoais.
- Dereito de acceso: Vostede ten dereito a solicitarnos en calquera momento que lle confirmemos se estamos tratando os seus datos persoais, a que lle facilitemos acceso ós datos e á información sobre o seu tratamento e a obter unha copia deles. A copia dos seus datos persoais que lle facilitemos será gratuíta, mais a solicitude de copias adicionais poderá estar suxeita ó cobro dunha cantidade razonable baseada nos custes administrativos. Pola nosa parte, poderemos pedirlle que acredite a súa identidade ou requerirlle máis información, a que sexa necesaria para xestionar a súa solicitude.
- Dereito de rectificación: Vostede ten dereito a solicitar a rectificación dos datos persoais inexactos, non actualizados ou incompletos. Tamén poderá solicitar que se completen os datos persoais que sexan incompletos, inclusive mediante unha declaración adicional.
- Dereito de supresión: Vostede ten dereito a solicitar a supresión dos seus datos persoais cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos. Porén, este dereito non é absoluto xa que a nosa organización poderá seguir manténdoos debidamente bloqueados nos supostos previstos pola normativa aplicable.
- Dereito a limitar o tratamento: Vostede ten dereito a solicitar que limitemos o tratamento dos seus datos persoais, o que significa que poderemos seguir almacenándoos pero non seguir tratándoos se se cumpre algunha das seguintes condicións:
- Que vostede impugne a exactitude dos datos, durante un prazo que permita ó responsable verificar a exactitude destes;
- O tratamento sexa ilícito e vostede se opoña á supresión dos datos e solicite no seu lugar a limitación do seu uso;
- A nosa entidade xa non necesite os datos para fins de tratamento, pero vostede os necesite para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións;
- Vostede se opuxese ó tratamento, mentres se verifica se os motivos lexítimos da nosa entidade prevalecen sobre os seus.
- Dereito á portabilidade dos datos: Vostede ten dereito a que os seus datos sexan transmitidos a outro responsable do tratamento nun formato estructurado, de uso común e lectura mecánica. Este dereito aplícase cando o tratamento dos seus datos persoais estea baseado no consentimento ou na execución dun contrato e este tratamento se efectúe por medios automatizados.
- Dereito de oposición: Este dereito permítelle oporse ó tratamento dos seus datos persoais, incluída a elaboración de perfís. Non poderemos atender o seu dereito unicamente cando tratemos os seus datos no caso de que acreditemos motivos lexítimos para o tratamento ou para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.
- Dereito a non someterse a decisións automatizadas, incluídos perfís: Este dereito permítelle non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento automatizado, incluída a elaboración de perfís, que produzan –ditas decisións- efectos xurídicos ou lle afecten de modo similar. Excepto que dita decisión sexa necesaria para a celebración ou execución dun contrato, estea autorizada por unha lei ou se basee no consentimento.
- Dereito a retirar o consentimento: Nos casos nos que obtiveramos o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais en relación con determinadas actividades (por exemplo, co fin de enviarlle comunicacións comerciais), poderá retiralo en calquera momento. Desta forma, deixaremos de realizar esa actividade concreta para a que había consentido previamente, excepto que exista outra razón que xustifique a continuidade do tratamento dos seus datos con estes fins. Neste caso, notificarémoslle tal situación.
- Dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control: Vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, c/Jorge Juan, 6, 28001 Madrid, 901 100 099 – 912 663 517 (www.agpd.es), ou na dirección electrónica: https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/vistas/formQuejasSugerencias/seleccionarQuejaSugerencia.jsf
Poderá exercitar os dereitos antes indicados enviándonos unha comunicación ó Departamento de Atención ó Cliente, ou mediante un correo electrónico a tredess@tredess.com, acompañado un documento que acredite a súa identidade ou proporcionando os detalles necesarios para procesar a súa solicitude.
Os interesados poden obter información adicional sobre os seus dereitos na páxina web da Axencia Española de Protección de Datos, www.agpd.es.
Empresas de Televés Corporación
As empresas que actualmente se encontran integradas dentro de Televés Corporación son as seguintes:
Empresa |
NIF |
Enderezo |
|
TELEVES, S.A. |
A15010176 |
RUA B.DE CONXO, 17 - 15706 SANTIAGO (A Coruña) |
|
INGENIERIA DE SISTEMAS DE FUNCIONAMIENTO S.L.U. |
B15577166 |
RUA B.DE CONXO, 17 - 15706 SANTIAGO (A Coruña) |
|
GALLEGA DE CIRCUITOS ELECTRONICOS S.L.U. |
B15675101 |
RUA B.DE CONXO, 17 - 15706 SANTIAGO (A Coruña) |
|
TELCOR, S.A. |
A15229156 |
RUA B.DE CONXO, 17 - 15706 SANTIAGO (A Coruña) |
|
SISTEMAS INTEGRADOS DE SISTEMAS DE TELECONTROL, S.L. |
B15782550 |
VOLTA DO CASTRO S/N - 15706 SANTIAGO (A Coruña) |
|
TREDESS 2010, S.L. |
B15874183 |
VOLTA DO CASTRO S/N - 15706 SANTIAGO (A Coruña) |
|
ARANTIA 2010, S.L.U. |
B70035019 |
VOLTA DO CASTRO S/N - 15706 SANTIAGO (A Coruña) |
|
ASSAMBLIA 2010, S.L.U. |
B70039672 |
VOLTA DO CASTRO S/N - 15706 SANTIAGO (A Coruña) |
|
GALLEGA DE INFORMATICA, S.A. |
A15025422 |
RUA B.DE CONXO, 17 - 15706 SANTIAGO (A Coruña) |
|
GALLEGA DE MECANIZADOS ELECTRONICOS, S.A. |
A1506454 |
P.I.TAMBRE-VIA EDISON 16 15890 SANTIAGO (A Coruña) |
|
OUTROS CENTROS DE TRABALLO DE TELEVÉS EN EUROPA |
Nº IDENTIFICACIÓN FISCAL |
||
Televes Electrónica Portuguesa, LDA. |
PT500972311 |
||
Vía Dr. Francisco Sa Carneiro. Lote 17 Zona Ind. Maia 1 Sector-X 4470 – Barca-Maia-Oporto (PO) – Portugal |
|
||
Televes UK, LTD |
GB484096518 |
||
11 hill street industrial estate np44 7pg – Cwmbran, Gwent (UK) Reino Unido |
|
||
Televes France, S.A.R.L. |
FR45414385369 |
||
1 Rue Louis de Broglie Parc d’Activités de l’Esplanade 77400 – St. Thibault Vignes – Francia |
|
||
Televes Italia, S.R.L. |
IT04301520963 |
||
Via Liguria 16 20068 – Pescheria Borromeo (MI) – Italy |
|
||
Televes Deutschland, GmbH. |
DE162380827 |
||
Kuferstraße 20 73257 – Kongen – Germany |
|
||
Televes Polska |
PL8992689284 |
||
ul. Jana Długosza 48, 51-162 Wrocław – Poland |
|
||
Televes Scandinavia |
|
||
Vannhögsgatan 7, 23 166 – Trelleborg – Sweden |
SE556207728801 |
||