Compromiso coa Responsabilidade Social Corporativa

Body: 

En TRedess, empresa pertencente ao grupo tecnolóxico Televés Corporación, entendemos que a nosa actuación debe ir máis aló dos produtos e servizos que ofrecemos. A nosa Política de Responsabilidade Social Corporativa (RSC) reflicte un firme compromiso coa comunidade, o medioambiente, e os dereitos humanos e sociais. Estamos comprometidos a integrar estes valores en todas as nosas actividades e relacións empresariais, asegurando un crecemento ético e sostible.

Imagen principal: 

01

Título bloque 1: 
Desenvolvemento sostible

Texto bloque 1: 

TRedess comprométese activamente cós Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) establecidos polas Nacións Unidas. A través de diversas iniciativas, buscamos garantir un crecemento sostible á vez que contribuímos ao benestar global e ao coidado do medio ambiente.

02

Título bloque 2: 
Cadea de subministración responsable

Texto bloque 2: 

Promovemos a xestión dunha cadea de subministración responsable, en particular, nas materias ambientais, sociais e de bo goberno, garantindo, entre outros, o comportamento ético e o respecto dos dereitos humanos e laborais de todos aqueles provedores que se integran na nosa cadea de subministración.

Establecemos mecanismos obxectivos e imparciais de avaliación, selección e homologación de provedores, velando porque a cadea de subministración cumpra cos principios establecidos no Código de Conduta de Provedores.

03

Título bloque 3: 
Responsabilidade Social Corporativa

Texto bloque 3: 
Asumimos compromisos dirixidos a garantir un comportamento socialmente responsable, concretados na Política de Responsabilidade Social Corporativa pola que se establecen valores, principios e pautas de conduta comúns que deben rexer as actividades profesionais diarias de todas aquelas persoas que forman parte de TRedess ou que interactúan con ela. Este marco refire tamén a nosa Política de medio ambiente, á Política Antisuborno e o noso Código de Ética para as compras.
04

Título bloque 4: 
Compromiso mais alá do cumprimento legal

Texto bloque 4: 

O sistema de xestión implementado en TRedess, así como nas demais empresas que forman parte de Televés Corporación, é unha proba do noso compromiso cun comportamento profesional, ético, responsable e sostible en todas as nosas actividades e relacións coas partes interesadas.

Para coñecer en detalle o noso sistema de xestión de Responsabilidade Social Corporativa, fai clic no seguinte botón

Responsabilidade Social Corporativa

 

05

Título bloque 5: 
Cumprimento normativo

Texto bloque 5: 
O programa de cumprimento normativo (compliance), aprobado polo Consello de Administración, ten como finalidade reiterar a todos os administradores, directivos, empregados e terceiros que se relacionen coa Corporación Televés, a nosa oposición absoluta á comisión de calquera ilícito penal e, en particular, a calquera forma de corrupción no desenvolvemento das nosas actividades. Para iso, implementamos mecanismos dirixidos a identificar, previr e reducir a produción de riscos penais e operacionales, velando pola gobernanza de cumprimento e habilitando os canles pertinentes para notificación de alertas e denuncias.