Corp4Future

Corp4Future: "Creación, Deseño e Desenvolvemento de Novas Ferramentas e Solucións para a Industria do Futuro."

Corp4Future é un ambicioso proxecto da Corporación Televés para incorporarse á revolución da Industria 4.0, que recibiu o respaldo da Xunta de Galicia. O Goberno Autonómico, logo de realizar unha avaliación da proposta realizada, incluíuno no programa de incentivos para inversións no ámbito da industria intelixente despois dunha convocatoria pública en concorrencia competitiva.

Corp4Future é un proxecto a catro anos e supón un gran compromiso para as empresas da Corporación Televés que investirán máis de 23 millóns de euros. Este proxecto terá entre as súas consecuencias finais o desenvolvemento de 120 novos perfís laborais, con importantes oportunidades de formación interna e desenvolvemento profesional. Isto fortalecerá a capacidade da Corporación para manter o liderado nos seus mercados tradicionais nacionais e internacionais e mellorar a súa posición en novos ámbitos de actuación coma os servizos socio-sanitarios, a eficiencia enerxética, as smart cities ou a aeronáutica. Neste proxecto realízase unha aposta moi forte polo persoal propio da empresa para manter todos os postos de I+D e fomentar o mantemento do impacto actual da corporación na comunidade galega, presentando a contratación de persoal cualificado e o fomento dun efecto tractor sobre provedores e colaboradores que se encontran no entorno de Televés.

Os obxectivos xenerais do proxecto son:

OX1: Mellora dos procesos produtivos da corporación a través do uso de novas tecnoloxías.

OX2: Deseño e desenvolvemento de novas funcionalidades e novas tecnoloxías que permitan aumentar a excelencia tecnolóxica, para a apertura de novos mercados e o fortalecemento do tecido industrial galego a través das TIC.

OX3: Apertura de novos mercados e consolidación dos tradicionais, a partir desa mellora da produtividade e do desenvolvemento de novas liñas.

OX4: Mellora dos sistemas de información e da comunicación entre a corporación e os seus clientes, de forma que se poida ofrecer un produto máis personalizado e flexible de acordo aos paradigmas da Industria 4.0.

OX5: Desenvolvemento dun prototipo global dentro da corporación que sirva como demostrador das novas capacidades adquiridas e do paradigma de Industria 4.0, así como a avaliación da mellora de procesos obtida.