Fecha: 
26 / Xullo / 2016

TRedess avanza á TDT de Media Potencia na IBC 2016

Subtitulo: 
Fourth Series Medium Power é a nova familia de Transmisores DVB-T/T2/ISDB-T altamente eficientes, compactos e flexibles de 600 a 2400W.
Imagen: 
Texto: 

Veña a visitarnos no Hall 8, stand 8.D23, na IBC 2016 (do 9 ao 13 de setembro) para ver e experimentar as principais características da familia Fourth Series.

  • Flexibilidade.
  • Compacticidade sobresaínte.
  • Potencia de ata 2,4kW
  • Xestión remota intelixente.
  • Alto rendemento.
  • Eficiencia superior.

No noso stand disporemos das seguintes demos en vivo:

  • Transmisor Fourth Series de 75W en 1UR.
  • Gap-filler Fourth Series de 150W en 2UR, que incorpora o DEEC (Doppler Enhanced Echo Canceller), o mellor cancelador de ecos dispoñible no mercado.

Tamén lle mostraremos exemplos de sistemas integrais completos, incluíndo un Sistema Integral Compact Series para exteriores: unha solución óptima para instalacións remotas de baixa potencia.

Compact Series é unha Solución Multicanal de baixa potencia para TDT, amplamente coñecida e instalada polos mellores operadores de rede de todo o mundo.

Logo dunha experiencia consolidada como Especialista Europeo na extensión de cobertura de redes TDT, donde TRedess participou en grandes proxectos en toda Europa e no estranxeiro subministrando equipos aos principais operadores de rede, damos un gran paso incorporando á nosa familia de produtos a gama Fourth Series Medium Power, para ofrecer aos nosos clientes equipos de media potencia, rentables e de alta calidade.

  • LinkedIn logo
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • Google+ logo