TRedess leva a Tailandia os seus transmisores Fourth Series para TDT
O proxecto, en colaboración co System Integrator local Planetcomm, implica o subministro e posta en marcha de 33 estacións (46 transmisores DVB-T2 integrados en armarios) de potencias 200W, 400W, 600W e 1KW da gama Fourth Series, así coma os servizos de formación, FAT (aceptación en fábrica) e SAT (aceptación in situ).
A gama Fourth Series
A gama Fourth Series de TRedess inclúe Transmisores e GapFillers para os estándares DVB-T, DVB-T2 e ISDB-T, tanto para redes MFN coma SFN. As solucións da gama Fourth Series caracterízanse pola súa grande compacticidade, alta fiabilidade, modularidade e flexibilidade de configuración, así coma pola súa facilidade de instalación, operación e mantemento. Ademais, as solucións da gama Fourth Series están dotadas da tecnoloxía Ultra Wide Band Doherty, que garante unha moi alta eficiencia cubrindo toda a banda UHF co mesmo HW amplificador.
As solucións da gama Fourth inclúen unha interface web moi intuitiva con destacada presentación das medidas de MER, eficiencia e unha visualización do espectro do sinal de saída. Os equipos da gama Fourth Series permiten a optimización da MER fixando un valor de eficiencia, ou viceversa, a optimización da eficiencia fixando un valor de calidade do sinal de saída (MER). Os Gapfillers da gama Fourth Series utilizan o sistema DEEC de TRedess, considerado o mellor cancelador de ecos do mercado.