Fecha: 
06 / Abril / 2025 to 09 / Abril / 2025

Visita a TRedess na NAB Show 2025!

Subtitulo: 
Ven a ver a TRedess no stand W4015 na NAB Show 2025
Imagen: 
Texto: 

TRedess, o teu socio especialista en TRANSMISORES E GAP-FILLERS PARA REDES DE TV E DAB+, convídache a descubrir no noso stand W4015, a nosa nova gama de solución innovadoras e optimizadas para emisoras e operadores de redes:

 

  • Nova GAMA FOURTH SERIES de TRANSMISORES ATSC 3.0 e transmisores 5G Broadcast: Transmisores/ Transposers e Gap Fillers de TV de ata 5kW de potencia, refrixerados por aire e cunha eficiencia do 42%, facendo uso do noso modulador ATSC 3.0 recentemente desenvolvido; unha ferramenta moi poderosa e rendible para que as emisoras de televisión migren á tecnoloxía TV NextGen.
  • Novo repetidor ON-CHANNEL/GAPFILLER optimizado para redes SFN en ATSC 3.0: Solución óptima para ampliar a cobertura SFN en ATSC 3.0/DVB-T2/ISDB-T.
  • Nova GAMA FOURTH SERIES DE TRANSMISORES E GAP FILLERS DAB+: Novas solucións DAB+ para baixa e media potencia, con eficiencias de ata o 53%, e nova solución DAB+ Gap Filler cun excelente rendemento do cancelador de eco (marxe de ganancia > 30 dB, cancelación de traxectorias múltiples, Doppler, etc…).
  • Sincronización co noso MGNSS totalmente redundante: Moi compacto (1HU), multibanda (L1/L2), multiconstelación (GPS, GLONASS, GALILEO, BEIDOO), con receptor totalmente redundante (2x receivers + 2x PSU), con PTP, 11 pares de 1pps e 10MHZ, módulos hot swap, funcionamento seamless.
  • Novas funcións melloradas para redes DVB-T2 e ISDB-T. Receptor SAT dispoñible con CAM / BISS con Advanced Remux e EWBS integrado.

 

Para localizar o noso stand W4015 no West Hall, prema aquí.

 

Se queres programar unha reunión connosco, podes contactar a través do correo electrónico:

Luis Grela (lgrela@tredess.com)

Javier Martinez (jmartinez@tredess.com)

Justo Rodal (jrodal@tredess.com)

 

Agardamos verte no noso stand W4015 na NAB Show 2025 – Las Vegas!

Atentamente,

 

O teu equipo TRedess.

  • LinkedIn logo
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • Google+ logo